martes, 17 de novembro de 2015

Carreira de San Martiño!!!!!

-Este domingo corrín a carreira de San Martiño en Ourense. Tamén participaron mina irmá e o meu pai. A miña  distancia foi de 1.400 m. Na miña categoría  participaron 1879 nenos e nenas, eu quedei primeira das nenas e octava da xeral. Paseino moi ben ainda que chegei moi cansada a meta polo esforzo. Aquí podedes ver unha foto da saida (a de verde que sae a dereita da foto son eu), outra casi chegando a meta e unha no podium.
Ah! eu corrín soiña, ainda que moitos nen@ correron a carón dos seus pais.

Un saúdo.

Redactora:Adriana Figueroa Vázquez




sábado, 14 de novembro de 2015

Emprendendo viaxe....

Neste trimestre emprendemos viaxe e rematamos o noso primeiro proxecto de Plástica, OS globos aerostáticos e o noso primeiro globo o quixemos regalar á profe que emprendeu a nosa primeira viaxe de primaria con nós. Así que aí vai Auri, grazas de tod@s nós.










xoves, 12 de novembro de 2015

Sesión de Tenis de mesa

Tivemos a oportunidade de que nos dixeran a demostración de como se xoga ao tenis de mesa e tamén oportunidade de probar cos especialistas no tema.



















Magdalenas ricas ricas!!!!!

Deliciosas magdalenas que tivemos a ocasión de probar da nosa compi Irene, estaban deliciosassss!!!! Agardamos a receita pronto Ireeeee!!!!

O magosto

O luns 9 de novembro aproveitamos os raios de sol que nos dá o outono para poder facer o magosto en Pinzás. Fixemos cabanas, escalamos, atopamos pequenos insectos, miñocas, somos uns verdadeiros exploradores!!!!















Semana da radio


Fai tres semanas tocounos a radio e a sección de poesía, así que aí vai a nosa:








Un bico porque si

Un bico porque non

Un bico coma o lume

Un bico corazón

Un bico porque re
 
Un bico porque

Un bico porque la

Un bico porque sol

Un bico dó re mi

Un bico acordeón

   Un bico dó si fa

   Un bico percusión

   Un bico porque si

              Un bico, por que non?



( ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO )