domingo, 16 de outubro de 2016

Inauguración da cociña co proxecto ÑAM ÑAM


O venres 14 de outubro, tivemos unha MARTER CLASS ou MASTER XEFA, como o queirades chamar!!!Visitounos a mamá de Santi e de Martín para ensinarnos de primeira man as diferenzas entre un pan de molde feito con productos naturais e un pan industrial coa cantidade de aditivos que ten. Non soamente a puidemos escoitar, senón que fixemos con ela infinidade de cousas e incluso puidemos comelo!!!!Delicioso é pouco Patri!! Un gustazo ter días así e nos que vós mamis e papis deixades máis que unha lección...Non hai mellores mestres que os que están na casa e se aínda por encima podedes vir, mellor que mellor. 
Grazas, grazas e grazas, xa sabes Patri aquí @s nen@s de 4º e 6º propóñente para traballar no comedor!!!Pola gran cociñeira que eres!!!

Grazas Carlos pola túa axuda, xa sabemos que sen ti a cociña non é o mesmo!!!!