domingo, 22 de maio de 2016

O barquiño de papel

Seguro que xa vos contaron o conto do barquiño de papel, adaptado por suposto as nosas illas Cíes. Tivemos ocasión de traballar con este conto a papiroflexia e a interpretación, agardo que nas casas volo fixeran...Co único que nos quedamos ao final do conto foi coa camiseta do capitán!!!!





sábado, 7 de maio de 2016

Tamgram


Xa que estamos dando os polígonos, por que non divertirnos co tangram?



Histórico crebacabezas de orixe chinesa.

Tangram consta de sete formas xeométricas (un cadrado, un paralelogramo, cinco triángulos -dous grandes, dous pequenos e un mediano).

As sete formas xeométricas utilízanse para formar distintas figuras (siluetas de animais, de edificios e personaxes, aproximadamente pódense chegar a formar máis de mil figuras).

O primeiro beneficio que achega é a diversión, e tamén:

» Estimula a creatividade, xa que dá a oportunidade de inventar figuras coas súas fichas.

» Facilita a aprendizaxe da xeometría plana para nenos.

» En matemáticas axuda a realizar actividades relacionadas con ángulos, distancias, proporcionalidade, semellanza e movementos.

» Promove o desenvolvemento das capacidades psicomotrices e intelectuais.

» De maneira lúdica, contribúe á formación das ideas abstractas.












O monstruo de cores....

Algo se cociñou na biblio....proximamente haberá vídeo e fotos....





Lecturas ao sol

Xa que o día do libro foi o sábado 23 de abril, o luns saimos ao sol a ler despois do recreo, estivemos lendo por grupos e foi un ratiño moi agradable, poñer o patio e o Sol como espazo de lectura.








Visita ao Pazo de Castrelos e ao Museo do MARCO

A semana pasada tivemos ocasión de ir ao Pazo de Castrelos, ver a parte do museo e poder despois ir ao Marco a coñecer un pouquiño máisaos artistas desta ETAPA CONTEMPORÁNEA.













Semana da multiculturalidade...

No mes de abril tivemos a semana da multiculturalidade con numerosas actividades relacionada coas numerosas culturas que temos no cole e coa sorte que temos de poder compartir as diferentes maneiras de vivir.

O alumnos de terceiro C, leron un contó en vietnamita


VÀO TAI NÀY, RA TAI KIA!


Tamén as mamás de Hieu e Matías Hieu  faláronnos sobre Vietnam, e nos deron a probar soja a todos os compis , foi moi divertido e alucinamos coas motos que circulan pola cidade e como tés que cruzar a rúa!!!!

Visita de Alejandro Nande ao cole...


Alejandro Nande Iglesias naceu en Nigrán fai 36 anos cunha visión reducida, ata un 80% de afectación,  pero isto non lle impide en ningún momento deixar a súa paixón...os cabalos.  Práctica e compite en doma clásica  e da clases de hípica. Proclamouse campión de España na modalidade de doma clásica en cabalos de máis de 5 anos. O seu obxectivo é chegar aos seguintes xogos olímpicos.  Poca Pena, o seu cabalo lusitano, ten sete anos e é o seu fiel compañeiro de viaxe.

Alejandro cursou os seus estudos no noso cole e ainda recorda con nostalxia e morriña os vellos momentos vividos no cole cós seus mestres daquela época (Don Benito, Dona Concha, Mª José, Humberto Juanes...). Recorda tamén como anédota que rodou algunha ocasión as escaleiras do cole por mor da súa visión reducida. Está moi orgulloso de ata onde chegou e seguirá loitando para facer o que lle gusta....os cabalos. Alejandro agardámoste pronto!!