domingo, 6 de decembro de 2015

Decoración de Nadal

Ola familias!!! Aí van as manualidades de Nadal!!!
















Día 3 de novembro día da discapacidades.

XOVES 3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE

 Como  ben  saberedes  o  pasado  día  3  de  decembro conmemorouse  o  " DÍA INTERNACIONAL  DAS  PERSOAS  CON  DISCAPACIDADE"  como un xeito  de "visibilizar"  a  todos  aqueles  e  aquelas  que  por  diversas  causas  se  atopan  con  dificultades  físicas  ou  psíquicas na súa  vida  cotiá, e  de  facernos  reflexionar  nos  seus  atrancos  diarios,  que  tamén son  ou  poideran  ser  os  nosos  ou  das  nosas  familias, para ser quen  de  eliminalos  ou facelos  "máis  levadeiros".
 Dende  o  Colexio  Público  "Humberto  Juanes", que  este  curso  e  o  vindeiro  adica  unha  especial  atención  ao  tema  da  "DIVERSIDADE"  atendendo a  diversos  ámbitos e,  especialmente,  nos centrodos na  "DISCAPACIDADE" de  calquera  tipo,  decidimos  dar  este  ano  maior  importancia  a  esta  data  de  varios  xeitos:
DECORANDO  O  COLEXIO  E  TRABALLANDO A  TEMÁTICA  CO  ALUMNADO  NAS  AULAS
ELABORANDO,  POR  NIVEIS,  LEMAS  ALUSIVOS  Á  "DIVERSIDADE" ( documento extraído da páxina web do cole)

Aí tedes o noso!!






















Semana da froita

Aquí tedes OS nosos compis iniciando a semana da froita!!!



Obra de teatro de 5°B

O 20 de novembro tamén tivemos a oportunidade de asistir á obra de teatro que os nenos realizaron no centro da terceira idade de Nigrán. OS compis de 5° a repetiron para nós na biblio e pasámolo moi ben!!!









Semana da radio

Aí van OS reporteros que estiveron na radio  o 20 de novembro con esta poesía!!!

Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.



Entrega de premios do Samaín!!!

O 18 de novembro se entregaron OS premios de debuxos e lemas do Samaín, aí tedes o noso gañador de aula, aínda que gañadores foron todos OS que participaron, xa que foi moi difícil para o xurado escoller soamente a un.
Grazas por participar artistas!!!!