domingo, 6 de decembro de 2015

Día 3 de novembro día da discapacidades.

XOVES 3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE

 Como  ben  saberedes  o  pasado  día  3  de  decembro conmemorouse  o  " DÍA INTERNACIONAL  DAS  PERSOAS  CON  DISCAPACIDADE"  como un xeito  de "visibilizar"  a  todos  aqueles  e  aquelas  que  por  diversas  causas  se  atopan  con  dificultades  físicas  ou  psíquicas na súa  vida  cotiá, e  de  facernos  reflexionar  nos  seus  atrancos  diarios,  que  tamén son  ou  poideran  ser  os  nosos  ou  das  nosas  familias, para ser quen  de  eliminalos  ou facelos  "máis  levadeiros".
 Dende  o  Colexio  Público  "Humberto  Juanes", que  este  curso  e  o  vindeiro  adica  unha  especial  atención  ao  tema  da  "DIVERSIDADE"  atendendo a  diversos  ámbitos e,  especialmente,  nos centrodos na  "DISCAPACIDADE" de  calquera  tipo,  decidimos  dar  este  ano  maior  importancia  a  esta  data  de  varios  xeitos:
DECORANDO  O  COLEXIO  E  TRABALLANDO A  TEMÁTICA  CO  ALUMNADO  NAS  AULAS
ELABORANDO,  POR  NIVEIS,  LEMAS  ALUSIVOS  Á  "DIVERSIDADE" ( documento extraído da páxina web do cole)

Aí tedes o noso!!






















Ningún comentario:

Publicar un comentario