martes, 20 de outubro de 2015

Á procura da mensaxe de Robiño!!!

Mañá comeza a biblio e Robiño hoxe despois do recreo encomendounos unha pequena misión. Buscar un sobre coa información precisa por todo o patio!!! A nosa compi Adri atopouno e todos nos reunimos para lelo!!!!

Cada aula traballará un libro relacionado coa diversidade e Robiño dixo que tiñamos que montar un crebacabezas que nos deixaría ver a portada do libro que nos tocou.

Conseguimos facelo entre tod@s, xa sabemos cal é, e agora soamente queda contarvos a súa temática cando comecemos a lelo.







Ningún comentario:

Publicar un comentario