sábado, 7 de maio de 2016

Visita de Alejandro Nande ao cole...


Alejandro Nande Iglesias naceu en Nigrán fai 36 anos cunha visión reducida, ata un 80% de afectación,  pero isto non lle impide en ningún momento deixar a súa paixón...os cabalos.  Práctica e compite en doma clásica  e da clases de hípica. Proclamouse campión de España na modalidade de doma clásica en cabalos de máis de 5 anos. O seu obxectivo é chegar aos seguintes xogos olímpicos.  Poca Pena, o seu cabalo lusitano, ten sete anos e é o seu fiel compañeiro de viaxe.

Alejandro cursou os seus estudos no noso cole e ainda recorda con nostalxia e morriña os vellos momentos vividos no cole cós seus mestres daquela época (Don Benito, Dona Concha, Mª José, Humberto Juanes...). Recorda tamén como anédota que rodou algunha ocasión as escaleiras do cole por mor da súa visión reducida. Está moi orgulloso de ata onde chegou e seguirá loitando para facer o que lle gusta....os cabalos. Alejandro agardámoste pronto!!














Ningún comentario:

Publicar un comentario