sábado, 7 de maio de 2016

Tamgram


Xa que estamos dando os polígonos, por que non divertirnos co tangram?



Histórico crebacabezas de orixe chinesa.

Tangram consta de sete formas xeométricas (un cadrado, un paralelogramo, cinco triángulos -dous grandes, dous pequenos e un mediano).

As sete formas xeométricas utilízanse para formar distintas figuras (siluetas de animais, de edificios e personaxes, aproximadamente pódense chegar a formar máis de mil figuras).

O primeiro beneficio que achega é a diversión, e tamén:

» Estimula a creatividade, xa que dá a oportunidade de inventar figuras coas súas fichas.

» Facilita a aprendizaxe da xeometría plana para nenos.

» En matemáticas axuda a realizar actividades relacionadas con ángulos, distancias, proporcionalidade, semellanza e movementos.

» Promove o desenvolvemento das capacidades psicomotrices e intelectuais.

» De maneira lúdica, contribúe á formación das ideas abstractas.












Ningún comentario:

Publicar un comentario